Un mundo desigual desafíanos

 

Se algo reflicte o novo mundo que deixou a pandemia é un incremento das desigualdades xa existentes. As persoas en situación de pobreza no mundo aumentaron. A desigualdade define a época que vivimos, un mundo de fortes contrastes entre a abundancia e a precariedade, a saúde e a enfermidade, o malgasto de alimentos e a fame.


A extrema desigualdade materialízase no feito de que, miles de millóns de persoas están a vivir unha situación límite. Antes, carecían de suficientes recursos para vivir. Hoxe, coa crise provocada pola COVID 19, complicáronse aínda máis as súas probabilidades de sobrevivir sumíndoas nun círculo vicioso de pobreza que pode perpetuarse durante décadas.

As cifras esconden rostros de seres humanos, de persoas ás que non miramos, nas que non pensamos, ás que esquecemos. Estas persoas cada vez contan menos, ignoradas por sociedades que seguen coa súa vida sen volver a vista ás que quedaron atrás. Este mundo desigual interpélanos, é necesario tomar conciencia desta dolorosa realidade, para sumar esforzos de transformación. Non podemos seguir tolerando as enormes desigualdades que existen entre nós, que algúns arrastran nunha degradante miseria, sen posibilidades reais de superación, imbuídos no círculo vicioso da pobreza e a marxinación, coma se nacesen con menos dereitos. É necesario que nos impliquemos para cambiar esta situación.

 

Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,1250467 seconds
Query time: 0,0312761 seconds
GC Memory: 19896 KB
Viewstate Size: 6 KB