O DESAFÍO DA FAME
Sabías que?
·
Os avances tecnolóxicos
permitíronnos nos últimos decenios, multiplicar por tres a capacidade de
produción de alimentos.
·
A pesar de todas as súas vantaxes
en canto a cantidade, o sistema de produción masiva de alimentos, xera tres
grandes problemas:
- O problema da sustentabilidade. Ao producir alimentos
cun modelo altamente insustentable, xéranse grandes impactos ambientais e
sobre os recursos naturais.
- A redución dos alimentos a “mercadorías”. O sistema
está orientado aos beneficios económicos, non a garantir o Dereito á Alimentación.
- A perda e o desperdicio de alimentos. Millóns de
toneladas de alimentos acaban no lixo anualmente ao longo de toda a cadea
alimentaria. Este tema foi o noso obxecto de atención preferente o curso
pasado.
Devoramos O
planeta
Os
dous últimos puntos, provocan consecuencias ambientais e humanas, que nos fan
afirmar que estamos a devorar o planeta, acabando cos recursos e provocando
fame. Estas dúas afirmacións, poden parecer moi radicais, pero debemos
denunciar que o noso sistema global de produción de alimentos:
Acaba
cos recursos… isto é máis ou menos evidente, xa que,
para producir alimentos de forma masiva, están a utilizarse:
·
Gran
cantidade de terras, a miúdo á conta de selvas e bosques.
·
Moita
auga, un recurso esencial para a vida e finito, que a miúdo, queda contaminado
no proceso.
·
Combustibles
fósiles para a produción mecanizada e o transporte ao longo de toda a Terra, o
que xera contaminación atmosférica.
…e provoca fame. A produción de alimentos está pensada para un
mercado global no que moitas persoas, incapaces de adquirilos, quedan á marxe
do sistema, condenadas a sufrir fame.
Este
punto constitúe a paradoxo da fame: xigantesca produción agropecuaria e
millóns de famentos e subalimentados. Estamos ante un problema ético, de
xustiza.
Aínda
que moitos dos aspectos que teñen que ver coa produción de alimentos están fóra
do noso alcance, outros, en cambio, son máis próximos ao noso día a día como
consumidores. Ante isto, é importante que reaccionemos para cambiar aquilo que
estea nas nosas mans, por exemplo:
·
Pautas
de consumo.
·
O noso
tipo de dieta.
·
Desperdicio
de alimentos.
Dar
a coñecer, expor unha reflexión e animar ao cambio é ao que aspiran estes
materiais educativos que vos propoñemos.
Podes
profundar máis no tema lendo o documento “O problema da fame” e a infografía animada