Tanto as
actividades que vos expoñemos nos materiais
educativos de Manos Unidas, como o Festival de Clipmetraxes, ofrecen moitas
posibilidades para traballar as competencias básicas.
En ambos,
o alumnado debe realizar traballos de investigación, recompilación de
información e reflexión que lles permitirá levar a cabo as actividades, ou
crear un guión para facer o seu Clipmetraxe.
No caso
destes últimos, posteriormente, iniciarán un proceso de gravación e edición
para o que deberán, ademais de traballar en equipo, aplicar coñecementos
prácticos, espertar o sentido crítico e achegar o seu punto de vista para
cambiar este mundo inxusto.
Nos
seguintes arquivos podedes ver de que maneira traballar as competencias básicas
con: