Como podo
conseguir os materiais educativos?
Na
nosa Web:
Actividades: Fichas de Actividades en
PDF, deseñadas para os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria, para traballar na aula os
Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e os Valores.
Recursos: ferramentas
que facilitarán a túa tarefa de Educación para o Desenvolvemento. En moitas das
Fichas de Actividades encontrarás enlaces que te derivarán a estes recursos xa
que son necesarios para a súa posta en práctica na aula:
Contos/Historias
Vídeos
Documentación
Nas
nosas Delegacións:
Pica aquí para saber cal é a túa Delegación máis próxima. Alí poderanche ofrecer os nosos
materiais imprimidos así como información complementaria sobre o noso traballo
no campo da Cooperación ao Desenvolvemento.
Como
traballar os materiais educativos en clase?
Todas
as nosas actividades están pensadas para reflexionar cos alumnos/ás sobre o
experimentado durante o desenvolvemento destas. Encontrarás un esquema
detallado de como facelo
en cada Ficha de
Actividade.
É fundamental que
teñas moi claro como debe realizarse a actividade antes de levala a cabo: cales
son os obxectivos,
que necesito preparar previamente, como debe organizarse a clase (espazo,
distribución en grupos) e cales van ser os puntos clave á hora da reflexión final,
retomando sempre os obxectivos formulados ao inicio da actividade.
Como
matricularse nos cursos de formación do profesorado?
En Mans Unidas hai
un equipo de formadores dedicado especificamente a esta tarefa que se despraza
por todo o territorio nacional.
Consulta no noso Calendario as datas dos
nosos cursos.
Se estás
interesado/a nalgún deberás dirixirte á Delegación de Manos Unidas da túa cidade e informarte dos
prazos, modo e requisitos de matriculación.
Na pestana de
Formación do Profesorado encontrarás información máis detallada sobre os
programas e contidos.
Todos os nosos cursos son gratuítos e, grazas ao
Convenio de Colaboración asinado co Ministerio de Educación, os participantes obteñen, tras a súa realización, a titulación
correspondente a 2
créditos oficiais.