.

Materiais educativos de Manos Unidas. Curso escolar 2020-21

 Como en cursos anteriores, ofrecémosvos novos materiais para traballar a educación para o desenvolvemento nas túas clases.

En Infantil a nosa proposta para este ano é o recurso didáctico para a clase: Como ser superheroes de verdade?, que ten como obxectivo achegar aos máis pequenos aos valores da solidariedade, a xenerosidade e o respecto, tanto cara ao planeta como aos demais.

 
   
 
 
 A través da figura do auténtico/a superheroe, que son nenos e nenas igual ca eles cuxos poderes residen nos seus valores, descubrirán como acceder á Academia de Jotam e realizar as probas de adestramento para converterse nesta proposta está dispoñible nas nosas delegacións.

Na pestana correspondente, tedes actividades que vos axudarán a traballalo na clase.

En primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, este curso 2020-21 é o último do trienio que en Mans Unidas dedicamos a traballar os Dereitos Humanos. As circunstancias da crise do Covid-19, levounos a que o centremos no dereito á saúde e a desigualdade no acceso aos recursos sanitarios das persoas máis empobrecidas.

As actividades deste ano estrutúranse ao redor da infografía animada “Dereito á Saúde”, reflexionando sobre a importancia que ten este dereito, e enfocadas a axudar na preparación de clipmetraxes.


 


 

Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,1249384 seconds
Query time: 0,031267 seconds
GC Memory: 19590 KB
Viewstate Size: 10 KB