.

Tema

 

Os Dereitos Humanos, a igualdade e a dignidade das persoas:
 
 

A igualdade entre home e muller non é só un Dereito Humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un desenvolvemento humano integral e sustentable. Pero é un reto aínda non conseguido, mesmo na nosa propia sociedade. Aínda queda moito por facer para erradicar dela moitos comportamentos e actitudes que non respectan plenamente os dereitos da muller.

 

Aínda que houbo avances a nivel mundial en relación á igualdade de xénero, especialmente en torno ao acceso ao ensino primario, a situación da muller hoxe en moitos lugares non é óptima porque as mulleres e as nenas seguen sufrindo discriminación e violencia en todos os lugares do mundo e constituíndo a parte máis ampla do mundo pobre, excluído e vulnerable. Por iso a ONU inclúeo entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables (ODS), como o quinto: Igualdade de xénero.

 

Con todo, Igualdade non significa que todos os seres humanos debemos ser iguais, senón todo o contrario, que todas as persoas somos diferentes e non debemos nunca ser privadas destes Dereitos en base a esas características que nos distinguen. A Igualdade, por tanto, é a ausencia de calquera tipo de discriminación.

 

Coa debida adaptación por parte do profesorado, a maioría das actividades poden ser desenvolvidas por igual en Primaria e Secundaria. As infografías do calendario reflicten diversas situacións de desigualdade que se dan cara ás mulleres. As actividades, pensadas para traballar as infografías, están organizadas por meses seguindo o calendario, pero poden realizarse cando se queira. De feito, moitas das actividades están enfocadas a preparar a realización dunha clipmetraxe, e o prazo de presentación destas finaliza o 11 de febreiro.

Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,1250078 seconds
Query time: 0,0321971 seconds
GC Memory: 20241 KB
Viewstate Size: 10 KB