.

O DESAFÍO DA FAME 

Sabías que?

 
· Os avances tecnolóxicos permitíronnos nos últimos decenios, multiplicar por tres a capacidade de produción de alimentos.

· A pesar de todas as súas vantaxes en canto a cantidade, o sistema de produción masiva de alimentos, xera tres grandes problemas:

  1. O problema da sustentabilidade. Ao producir alimentos cun modelo altamente insustentable, xéranse grandes impactos ambientais e sobre os recursos naturais.
  2. A redución dos alimentos a “mercadorías”. O sistema está orientado aos beneficios económicos, non a garantir o Dereito á Alimentación.
  3. A perda e o desperdicio de alimentos. Millóns de toneladas de alimentos acaban no lixo anualmente ao longo de toda a cadea alimentaria. Este tema foi o noso obxecto de atención preferente o curso pasado.

 

  Devoramos O planeta
 

Os dous últimos puntos, provocan consecuencias ambientais e humanas, que nos fan afirmar que estamos a devorar o planeta, acabando cos recursos e provocando fame. Estas dúas afirmacións, poden parecer moi radicais, pero debemos denunciar que o noso sistema global de produción de alimentos:

 

Acaba cos recursos… isto é máis ou menos evidente, xa que, para producir alimentos de forma masiva, están a utilizarse:

      · Gran cantidade de terras, a miúdo á conta de selvas e bosques.

      · Moita auga, un recurso esencial para a vida e finito, que a miúdo, queda contaminado no proceso.

      · Combustibles fósiles para a produción mecanizada e o transporte ao longo de toda a Terra, o que xera contaminación atmosférica.

…e provoca fame. A produción de alimentos está pensada para un mercado global no que moitas persoas, incapaces de adquirilos, quedan á marxe do sistema, condenadas a sufrir fame.

 

Este punto constitúe a paradoxo da fame: xigantesca produción agropecuaria e millóns de famentos e subalimentados. Estamos ante un problema ético, de xustiza.

 

Aínda que moitos dos aspectos que teñen que ver coa produción de alimentos están fóra do noso alcance, outros, en cambio, son máis próximos ao noso día a día como consumidores. Ante isto, é importante que reaccionemos para cambiar aquilo que estea nas nosas mans, por exemplo:

      · Pautas de consumo.

      · O noso tipo de dieta.

      · Desperdicio de alimentos.

 

Dar a coñecer, expor unha reflexión e animar ao cambio é ao que aspiran estes materiais educativos que vos propoñemos.

Podes profundar máis no tema lendo o documento “O problema da fame” e a infografía animada 

 
 
 
 
Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,234375 seconds
Query time: 0,0491075 seconds
GC Memory: 20687 KB
Viewstate Size: 17 KB