.

Clipmetraxes


Rodéanos unha realidade moi complexa, na que todo está interrelacionado. Hai moitos problemas, como a fame, ante os que aparentemente pouco podemos facer, ou pensamos que o que unha soa persoa poida facer non vai ter ningunha repercusión. Con todo, cada un/a de nós/as ten algo que achegar e na nosa man está comprometernos para eliminar as inxustizas.

 

Achega o teu punto de vista e úneche aos que cren que as cousas poden ser mellores. Todos/as temos algo que denunciar, que defender ou unha mensaxe que difundir, cun punto de vista peculiar, único e diferente. O noso punto de vista.
 

O Teu punto de vista pode cambiar o mundo

 

O Festival de Clipmetraxes, é unha actividade de Educación para o Desenvolvemento coa que sensibilizar ao alumnado sobre a pobreza, a fame, as desigualdades e as súas causas, convidándolles a que realicen e difundan un vídeo dun minuto que transmita unha mensaxe de denuncia e de compromiso na loita por mellorar o noso planeta.

Mira nesta infografía animada os pasos esenciais para facer un clipmetraje.


 
 

Do mesmo xeito que en anos anteriores, mantemos a aposta polo Festival de Clipmetraxes como a principal ferramenta educativa que vos ofrecemos.

 

A realización destes vídeos dun minuto implica que poidades traballar o tema co voso alumnado para escribir o guión e a continuación, utilizar a vosa creatividade á hora de transmitir á sociedade o voso punto de vista sobre o mesmo, abordando de paso a competencia dixital.

Sobre a base do Dereito á igualdade, enfocamos todos os materiais na idea dunha campaña de tráfico que nos convida a “aprender a circular polo camiño da igualdade”.

 

No marco da nosa “Campaña de Tráfico sobre a Igualdade”, propoñémosvos un itinerario que ten dúas posibles rutas á hora de expor as vosas clipmetraxes:

· Ruta 1: Facer visibles situacións no mundo nas que non se cumpre o dereito á igualdade de xénero.

· Ruta 2: Mostrar accións ou iniciativas que amosen o camiño para conseguir unha auténtica igualdade.

 
Entra en http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/ e infórmate sobre cómo participar.
 
  


Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,140615 seconds
Query time: 0,0156256 seconds
GC Memory: 19617 KB
Viewstate Size: 13 KB