Manos Unidas.
 
 Como podo conseguir os materiais educativos?

 

Na nosa Web:
 

Actividades: Fichas de Actividades en PDF, deseñadas para os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria, para traballar na aula os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e os Valores.

 

Recursos: ferramentas que facilitarán a túa tarefa de Educación para o Desenvolvemento. En moitas das Fichas de Actividades encontrarás enlaces que te derivarán a estes recursos xa que son necesarios para a súa posta en práctica na aula:

 

                                Contos/Historias

                                       Vídeos

                                Documentación

 

Nas nosas Delegacións:
 

Pica aquí para saber cal é a túa Delegación máis próxima. Alí poderanche ofrecer os nosos materiais imprimidos así como información complementaria sobre o noso traballo no campo da Cooperación ao Desenvolvemento.

 

Como traballar os materiais educativos en clase?
 
Todas as nosas actividades están pensadas para reflexionar cos alumnos/ás sobre o experimentado durante o desenvolvemento destas. Encontrarás un esquema detallado de como facelo

en cada Ficha de Actividade.

 

É fundamental que teñas moi claro como debe realizarse a actividade antes de levala a cabo: cales son os obxectivos, que necesito preparar previamente, como debe organizarse a clase (espazo, distribución en grupos) e cales van ser os puntos clave á hora da reflexión final, retomando sempre os obxectivos formulados ao inicio da actividade.

 

Como matricularse nos cursos de formación do profesorado?
 

En Mans Unidas hai un equipo de formadores dedicado especificamente a esta tarefa que se despraza por todo o territorio nacional.

Consulta no noso Calendario as datas dos nosos cursos.

 

Se estás interesado/a nalgún deberás dirixirte á Delegación de Manos Unidas da túa cidade e informarte dos prazos, modo e requisitos de matriculación.

 

Na pestana de Formación do Profesorado encontrarás información máis detallada sobre os programas e contidos.

 

Todos os nosos cursos son gratuítos e, grazas ao Convenio de Colaboración asinado co Ministerio de Educación, os participantes obteñen, tras a súa realización, a titulación correspondente a 2 créditos oficiais.
Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,1093759 seconds
Query time: 0,0311889 seconds
GC Memory: 19695 KB
Viewstate Size: 16 KB