Pica na foto e coñece que encontrarás na nosa Web de Educación
                   

Materiais educativos de Manos Unidas. Curso escolar 2016-17

 

Estimado profesorado:
 

Como en cursos anteriores, ofrecémosche novos materiais para traballar a educación para o desenvolvemento nas túas clases.

 

Estes materiais están compostos de:
 

· Paquete materiais impresos, para infantil, primaria e secundaria, que podes solicitar nas nosas delegacións.

 

· Materiais nesta web:

 
  • Contos e historias (infantil e primaria)
  • Póster en pdf (os mesmos que os impresos)
  • Actividades e infografías para o traballo en clase.
 

 
Cal é a vosa receita para acabar coa fame?

 

Ao longo dos dous últimos cursos escolares, en Manos Unidas ofrecémosvos materiais de educación para o desenvolvemento dedicados ao Trienio contra a fame. Este próximo curso 2017-18, será o último que tratemos o problema da fame no mundo.

Partindo dalgúns dos mitos da fame, nos materiais deste ano, pretendemos analizar que, na base da fame, non están tanto a insuficiencia de alimentos producidos ou o exceso de poboación, coma unha repartición inxusta do producido e un uso inadecuado dos recursos produtivos que impiden que os alimentos cheguen a todas as persoas.

As actividades deste ano estrutúranse ao redor das infografías que aparecen no calendario presente na bolsa de materiais.

En xeral, son comúns a Primaria e Secundaria, con todo, dentro de cada unha das fichas atoparedes especificados que contidos son adecuados unicamente para Secundaria. Todas elas poderán ser adaptadas ao nivel de cada clase.

Destacados
Acceso usuarios
E-mail:
Contraseña:
Page generation time: 0,125 seconds
Query time: 0,0312503 seconds
GC Memory: 24455 KB
Viewstate Size: 12 KB